PREGUNTA PARA OS VIAXEIROS



Xa que estas a viaxar polo corpo humano,e a investigar sobre a función de relación gustaríame saber qué efectos ten o alcohol sobre as células cerebrais das persoas en período de crecemento. Tedes dúas semanas para atopar a resposta e podedes pedir axuda aos Guías de Viaxe.







 
Traballo o de Hugo R. D.

PREGUNTA PARA OS VIAXEIROS



Por que cres que é importante que as mulleres embarazadas sigan uns hábitos de vida saudables durante o embarazo? Como cres que poden afectar o futuro bebé?

PREGUNTA PARA OS VIAXEIROS

Ao oír música con auriculares convén non poñer o volume moi alto. Cal é a razón?

PREGUNTA PARA OS VIAXEIROS


Pescuda e explica, como podes aforrar enerxía na túa casa?

PREGUNTA PARA OS VIAXEIROS




Quén dixo "Dame un punto de apoio e moverei o mundo"?. Explica ademais o significado da frase.

PREGUNTA PARA OS VIAXEIROS


A que se lle chama Lixo espacial? Cal é a súa problemática?

PREGUNTA PARA OS VIAXEIROS



Que é unha extinción masiva? Cantas extincións masivas houbo? Cales foron as causas?

PREGUNTA PARA OS VIAXEIROS



Que significa o termo Reserva da Biosfera? Escolle unha de Galicia e razoa a túa elección.

PREGUNTA PARA OS VIAXEIROS


Qué é o Cambio Climático? Explica como pode afectar o modo de vida das persoas.

PREGUNTA PARA OS VIAXEIROS


Por qué se produce a inmigración ilegal? qué son os cayucos?

PREGUNTA PARA OS VIAXEIROS



Que significou para Eurpoa o Tratado de Maastricht?

PREGUNTA PARA OS VIAXEIROS


Por que é importante o depósito arqueolóxico de Atapuerca?

PREGUNTA PARA OS VIAXEIROS


Quen e cando se mandou construír a Catedral de Santiago?
Que é a Orde dos Cabaleiros de Santiago?

PREGUNTA PARA OS VIAXEIROS


Que era a "Ruta da Seda"?

PREGUNTA PARA OS VIAXEIROS


A que se lle chama "Desastres da Guerra"? Quen foi o seu autor? Que representaban?

MURAL HISTORIA DO AUTOMOVIL


Hola, iste é o noso mural sobre os avances da Ciencia e da Técnica. Tocounos facer a Historia do automovil. Pasámolo moi ben buscando imaxes e planificando o mural. Ahí tendes o resultado. Nel intentamos amosar a evolución dos coches dende o primeiro de Benz ( o fundador da Mercedes Benz) , pasando por coches de luxo como o Rolls ou o Lamborghini a outros máis utilitarios como o Seat 600. Está claro que as cousas cambiaron moito nestes 120 anos!

AS BOTELLAS MUSICAIS


Esta semana en clases estivemos a facer algúns experimentos coa luz e o son. Fabricamos varios discos de Newton e experimentamos coas botellas musicais. Estas últimas son varias botellas do mesmo material, baleiras, que enchemos con auga. Cada botella cunha medida distinta de auga, o que dá un son diferente ao golpeala cunha vara de madeira. A actividade gustounos tanto que decidimos facer uns xilófonos de botellas e tocamos algúns anacos de cancións.
Viaxeira Elia Domínguez, Ramón Nogueiras, Marcos Ramos, Sandra López

VOLTA CICLISTA A GALICIA


Enfundamonolo maillot amarelo, collimos a bici e coa axuda dun mapa de relevo de Galicia diseñamos a nosa propia volta ciclista. Atravesamos rios, subimos portos de montaña, pasamos por as metas voantes das cidades galegas, pero sobre todo, estudamos o relevo da nosa terra. Nunca pensamos que poidésemos aprender a xeografía de Galicia deste xeito, e estivo ben. Despois de analizala etapa no mapa, estudámola co Google Earth e vimos realmente o que marcaba o mapa. Dende o Barco de Valdeorras ata Pontevedra hai unhas cantas pendentes, vales, e ainda que pareza increible, tamén hai zonas chairas, non moi grandes, pero hainas. Bueno, vai sendo hora de deixar a bici aparcada polo de agora, que ainda temos traballo que facer.

Viaxeiros Oscar Villar e Carlos Vázquez

BOTELLAS MUSICAIS SOBRE PATINES

PATINADOR MUSICAL

 Un pouco de Ciencia divertida!!

Atopamos este vídeo impresionante dun patinador e as súas botellas musicais e non podíamos deixar de postealo no noso blog.


Benvid@s o blog. Tod@s a bordo!

Ola, espero que as vosas maletas estean cargadas de interese e ganas de saber, de explorar, de pescudar e de aprender...

Neste Blog deixareivos algúns temas para que investiguedes. Si precisades axuda, podedes visitar os nosos sabios  e Guías desta viaxe polo coñecemento. Eles levaranvos por unhos camiños seguros na rede e cheos de sabiduría. Cando atopedes as respostas traédemas a clase e seredes 
RECOMPENSADOS!!!   
| edit post

ANCARES É VIDA


ANCARES É VIDA
O noso folleto é sobre a Serra dos Ancares. O eslogan fai referencia a que ainda que pareza unha zona inhospita e que vive pouca xente, non quere dicir que sexa unha rexión morta. Está chea de vida, como se pode apreciar no cartel, o que ocorre e que se trata dunha paisaxe natural, onde o home non modificou demasiado a paisaxe e onde o gando pode pastar libre e salvaxe. O relevo é bastante empinado e o clima máis ben frio e húmedo, e quizais por iso sigue sendo unha paisaxe moi pouco humanizada. Ancares é vida.
Viaxeiros, Marcos Ramos, Luisa Martínez, Xosé Antón García e Andrea Gómez.

VIAXANDO AO PLANETA MARTE


Estes días estivemos a facer unha Webquest en clase. O traballo consistía en escoller un planeta para unha empresa que quere vender viaxes ao espazo. O noso equipo chamado Os Asteroides Galácticos propuxo o planeta Marte porque pensamos que é o máis parecido a Terra; un día en Marte ten aproximadamente a mesma duración que o día na Terra e eso é moi importante e foi unha das razóns principais para escollelo. Tamén ten auga, e pudo ter vida. As súas paisaxes son moi variadas e bonitas. Ten como a Terra dous casquetes polares con xeo, ten volcáns e cráteres moi chulos. As temperaturas non son as máis axeitadas, a máxima pode alcanzar os 115 C pero este é o mellor clima do Sistema Solar se quitamos a Terra. Se finalmente decidides viaxar ao noso planeta só nos queda desexarvos: Boa Viaxe!!!!


Viaxeiros Ana Rodríguez, Sandra López, Xoel Blanco e Paula García.

FOLLETO PUBLICITARIO SE TE COIDAS, O COIDAS

Este é o noso folleto publicitario onde falamos da importancia dos coidados que debe ter a muller embarazada. O noso eslógan é "Se te coidas, o coidas". Neste folleto aparecen os consellos para unha boa saúde da muller embarazada e polo tanto do seu feto. Para expresalos de forma resumida diremos que a muller embarazada debe comer san, facer algo de exercicio sen cansarse, acudir as citas do xinecólogo regularmente, e sobre todo evitar o tabaco e o alcohol, xa que son drogas e moi perxudiciais para o futuro bebé.

María Varela, Carlos Vázquez, Miguel Alvarado, Miriam Álvarez